O Mago Paco preséntanos unha morea de contos e historias a través de xogos e da maxia, que levará a nen@s e maiores a descubrir a “maxia divertida” que agochan os contos. Desta volta, este peculiar personaxe, argallou novas maxias engadindo a risa como elemento principal para sorprender o seu público.

O espectáculo terá lugar na Casa Habanera o 4 de setembro ás 12:00 horas.

A actividade está integrada en Ler Contamoito para dinamización á lectura.

Prazas ata completar aforo.