A Casa Habanera será testemuña excepcional da obra “O Rueiro das liortas”, o vindeiro domingo 8 de decembro ás 20:00 horas. Trátase dunha comedia inspirada no teatro popular que afonda nas relacións de parella e nas dificuldades para manter vivo o amor frente ao tempo, á rutina e aos obstáculos da vida. O dinamismo dos elementos escenográficos permite representar diferentes espazos. Xuntamente co texto, a xestualidade e a música en directo, forman os ingredientes desta comedia iniciática.
En escena están un actor e unha actriz que interpretan múltiples personaxes, acompañados dun neno actor e dunha nena actriz que fan valer a súa propia verdade interpretativa. O espectáculo, que orbita arredor do empoderamento femenino, danos a visión dunha realidade onde falar dos outros e meterse na súa vida é máis cómodo e divertido do que ollar para un mesmo.
0 Comments
Leave A Comment