Dende o Concello de Guitiriz, queremos seguir coidando de ti así que nestes días tan difíciles e caóticos é moi importante que coides a túa saúde física e mental na medida do posible, polo que compartimos contigo pautas que poden serche de axuda:

  • Mantén hábitos de hixiene, orde, alimentación e exercicio físico.
  • Organiza o teu tempo.
  • Se vives ca familia, sería bó que tamén poidas ter pequenos momentos de privacidade.
  • Evita a sobre e a desinformación.
  • Se tes nenos ou nenas, transmítelles calma e seguridade

    (Moi recomendable este artigo: http://www.buenostratos.com/2020/03/buenos-tratos-ante-el-coronavirus.html?m=1&fbclid=IwAR2nCiD0YFjqPSASuywMmGaEG_zO0rD5QOQi-pETJCUwb9ZERUDT-)

  •  Aproveita para facer cousas pendentes e/ou aprender novas.
  • Somos seres sociais polo que é importante que manteñas a túa rede de apoio aínda que sexa virtualmente.
  • Valora e valida o esforzo que fas neste momento.
  • CÓIDATE, xa sexa mantendo o autocoidado habitual ou buscando novos recursos na rede como poden ser pautas de relaxación ou as estratexias que a ti che fagan sentir tranquilidade.
  • A nivel emocional é importante entender que calquera emoción e reacción que sintas é normal posto que isto é algo novo para todos e todas, pero é bó que trates de potenciar os recursos que teñas á man para lograr un balance entre o positivo e o negativo, e se pra isto precisas apoio contacta co teu grupo de sostén (familia, amizades, veciños) ou cos servizos de axuda que teñas máis cerca.

Se precisas axuda nalgún destes aspectos ou para buscar outros recursos lembra que no Concello os Servizos Sociais Comunitarios continúan activos así como o Servizo de Atención Psicolóxica para situacións de emerxecia (Teléfono: 982.370.109 ou 646.381.036)

Recorda que esta situación pola que estamos pasando ten un sentido: quedando na casa estamos salvando vidas.

#euquedonacasa.