O Concello de Guitiriz organiza un obradoiro de lembranzas, reminiscencia e memoria dirixido a persoas de máis de 55 anos de idade que desexen pasar un rato agradable e de entretemento.

Esta actividade levarase a cabo os luns de 18 a 19 horas na Casa Habanera, a partir do 24 de outubro. O prazo para participar xa está aberto e remata o 21 de outubro, podendo formalizarse a inscrición no Rexistro do Concello ou a través da sede electrónica.

INSCRICION REMINISCENCIA