Os días 2 e 3 de xaneiro de 2020, en horario de 11:00 a 12:30 horas, a Biblioteca Pública Municipal acollerá un obradoiro de Origami, para nenas e nenos maiores de 7 anos. 

Como as prazas son limitadas, as inscricións poderanse facer efectivas na Casa Habanera ou no Telecentro ata o 20 de decembro.