Hoxe a parroquia de Baamonde, no Concello de Begonte, albergou o Encontro de Centros de Día e Residencias da Terrá Chá, máis coñecido como ‘Romería do Chairín’. Ata alí acudiron os usuarios e usuarias da ‘Casa do Capataz’, que funciona como Centro de Día en Guitiriz, acompañados do persoal do centro e tamén da alcaldesa, Marisol Morandeira.

Pola mañá, os nosos maiores leron un discurso conxunto no que alababan as vontades do seu municipio e despois gozaron dunha comida e puideron compartir experiencias cos usuarios dos outros centros de maiores da comarca.