O Concello de Guitiriz resolveu o premio da actividade ‘Receitas de Outono con poesía’, resultando gañadores os usuarios e usuarias do Centro de Día ‘Casa do Capataz’ co seu traballo ‘Castañas con corazón de cabaza’.

Ademais, o xurado quixo facer unha mención especial a Laura del Cerro Torres, valorando o seu esforzo e dedicación ao participar con dúas receitas nesta acción promovida pola biblioteca municipal ‘Casa Habanera’ e o departamento de Educación Familiar do Concello de Guitiriz.

A segunda edición de ‘Receitas de Outono con poesía’, convocado con motivo do día das bibliotecas 2021, cumpriu o seu obxectivo de poñer en valor os produtos do outono e dinamizar a lectura e a escritura. O xurado tamén valorou a variedade das receitas presentadas.

Nos próximos días a responsable da biblioteca municipal porase en contacto cos gañadores/as para facer a entrega dos premios.

 

Descarga o fallo do xurado aquí