Durante a xornada de mañá, 5 de xaneiro, Parga e Guitiriz acollerán a visita dos Reis Magos de Oriente.

Ás 16:30 horas, a Carroza Real situarase no Campo da Feira en Parga e unha hora despois, ás 17:30 estará no Campo da Feira de Guitiriz.

As Súas Maxestades obsequiarán cun agallaso a todos os nenos e nenas que queiran achegarse a saudar.

Nos dous emprazamentos contarase coas medidas de seguridade e hixiénico-sanitarias pertinentes, para que a veciñanza poida gozar dunha xornada de ocio sen risco.