Unha vez rematado o prazo de matrícula para as medidas de conciliación para este curso o pasado 20 de xullo, continuouse admitindo solicitudes posteriores debido ao cambio dos prazos. A partir de agora queda pechado o prazo de inscrición para este curso para esta medida.

Por outra banda, o servizo de tardes amplia a súa oferta ata as 19:00 a partir de outubro, para todos aqueles que desexen ampliar o seu horario. As prazas deste servizo son limitadas. A prolongación deste servizo máis aló das 18:00 será incompatible co servizo de madrugadores.