- A sesión tivo lugar na Casa Habanera e ata alí achegáronse varios veciños e veciñas para coñecer os segredos deste artesán.
- Coñeceron, entre outras cousas, como restaurar un reloxo despertador, unha motocicleta ou un muíño de café.
O bo facer de Pepe de Pígara é coñecido por todos e todas, dentro e fóra de Guitiriz. O pasado mércores, 12 de xaneiro, quixo trasladar o seu saber no obradoiro ‘Dálles unha nova vida’ organizado polo Concello na Casa Habanera co obxectivo de aprender as nocións básicas para restaurar.
Na sesión, á que se achegaron varios veciños e veciñas, Pepe de Pígara explicou, entre outras cousas, como restaurar un reloxo despertador de latón e ferro, unha motocicleta MV, un muíño de café, unha máquina de
coser ou unha copa, entre outros elementos.
O obxectivo da charla era conseguir que a persoa participante fose capaz de realizar unha valoración inicial do estado da peza, decidise cal sería a intervención máis adecuada e a levase a cabo da mellor maneira posible, atendendo ás diferentes técnicas existentes.
0 Comments
Leave A Comment