O Concello de Guitiriz, en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade promove o obradoiro “Pisando estereotipos”, de ámbito coeducativo no que as rapazas e rapaces fan radio, cine, teatro e actividades de baile. Trátase dunha iniciativa con fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.