Hoxe, 26 de novembro, celebrouse unha sesión plenaria ordenaria no Concello de Guitiriz, cos seguintes resultados nos puntos na orde do día:

– Ratificouse os días locais festivos para o ano 2021 que serán o martes, 16 de febreiro de Entroido e o xoves, 24 de xuño de San Xoán, por unanimidade.

– Procedeuse á aprobación definitiva de estudo de detalle previo á licenza de construción de vivenda unifamiliar en Avenida Coruña nº120, en Lagostelle, por unanimidade.

– Procedeuse á aprobación inicial do regulamento de funcionamento das escolas deportivas municipais por unanimidade, coa enmenda proposta polo PP no que todo alumno/a ou titor do alumno/a con problemas económicos deberá notificar á dirección das escolas deportivas dita situación.

– Procedeuse á aprobación inicial do regulamento do uso das vivendas municipais para persoas en situación de emerxencia, unha situada na parroquia de Becín e outra en Campoverde (Buriz), por unanimidade

– Procedeuse á aprobación da modifcación da ordenanza fiscal reguladora da taxa do Punto de Atención á Infancia (PAI) por unanimidade.

– Procedeuse á aprobación do Plan de Acción para o Clima e Enerxía Sustentable (PACES) por unanimidade.

– Procedeuse á aprobación da distinción Honorífica para nomear o Pavillón Deportivo co nome de Pavillón Jonathan Carro Paz por unanimidade.

– Procedeuse á aprobación da modificación do orzamento municipal mediante un suplemento de crédito por valor de 70.009,54 euros e que permitirá a mellora de equipamentos, iluminación e abastecemento cos votos a favor do grupo de goberno PSOE e PP, abstención do BNG..

Mocións

A moción do BNG para establecer un plan de rescate integral da hostalería galega de Guitiriz e comarca foi aprobada por unanimidade.

A moción do PP sobre a exención do IBI ao CIT de Parga foi retirada.

A moción do PP sobre a modificación da Lei Orgánica do Poder Xudicial foi rexeitada cos votos en contra do PSOE e BNG.