Benquerida veciñanza:

Escribo este pequeniño texto porque é necesario, pero ogallá chegue o día no que ninguén teña que volver falar disto. Que só sexa un vago recordó. O 25 de novembro é o Día Contra a Violencia de Xénero, unha xornada que nos tempos que corren xamáis deberiamos marcar en vermello no calendario. Pero si. Desde que se teñen datos oficiais, aló polo ano 2000, máis de MIL mulleres perderon a vida a mans dos seus compañeiros sentimentais. MIL. Un milleiro de vidas arrincadas polo machismo. É o noso deber, como sociedade, reivindicar o que é noso, o que é de todas e todos: O DEREITO A VIVIR.

Desde o Concello de Guitiriz, tanto eu como as miñas compañeiras e compañeiros do grupo de Goberno, propoñémosche vestir de negro, en sinal de dó polas mulleres que sufriron, e que cada día sofren, violencia de xénero. Si queres participar, tanto si tes un local comercial como si non, podes recoller o material a partir do día 20 de novembro na Casa Consistorial. Tamén repartiremos pulseiras o día 25, con motivo do Día Contra a Violencia de Xénero.

Axudádenos a tinguir Guitiriz de NEGRO, amosando solidariedade e o total rexeitamento da violencia contra as mulleres. Loitemos. Sigamos loitando por unha sociedade máis equitativa, pero sobre todo por unha sociedade LIBRE DE VIOLENCIAS MACHISTAS.

 

Marisol Morandeira