Hoxe a Casa Habanera acolleu a presentación do VIII concurso de tapas ‘Que bo estás Guitiriz’, organizado pola Asociación de Hostaleiros de Guitiriz ‘Debares’, que terá lugar do 5 ao 15 de marzo. 

No acto tamén se presentou o cartel desta edición, obra de Alba Nimbos e Rebeca Penas. Ademais, informouse de que todos os carteis que se presentaron serán expostos proximamente. 

A alcaldesa, Marisol Morandeira, amosouse “encantada de que o Concello colabore en este tipo de iniciativas, que fan que se achegue moita xente ao pobo todos os anos”.