O pasado domingo, de 17 a 20 horas, celebrouse a primeira sesión do baile dominical.

Se algunha persoa quere asistir ao baile e non dispón de medio de transporte, pode poñerse en contacto co Concello a través do teléfono 630053350 en horario de mañá e xestionaremos o traslado. 

A intención do Concello De Guitiriz é a de continuar levando a cabo esta iniciativa pero para iso é necesario un mínimo de asistencia. 

Animádevos a pasar un bo rato con nós, tamén hai espazo para a merenda!