O Concello de Guitiriz elaborou unha completa programación cultural e de lecer para a época do Nadal, dirixida a todos os públicos con opcións musicais, de teatro, talleres e

tamén excursións.

O venres, 20 de decembro, a Escola Municipal de Música celebrará o seu ‘Festival de Nadal’ ás 20:30 horas na Casa Habanera. Ao día seguinte, sábado 21 de decembro, o Apalpador visitará aos máis pequenos do municipio: estará ás 11:30 horas no Campo da Feira de Parga e ás 12:30 horas no Campo da Feira de Guitiriz.

Xa o luns, 23 de decembro, a Casa Habanera acollerá ás 17 horas a actuación musical ‘Pakolas en Concerto’. No mesmo lugar representarase a cabo a obra ‘O Cachopo máxico’ o venres 27 de decembro ás 17:30 horas.

Haberá unha excursión a Silleda Park o luns 30 de decembro. A saída está fixada ás 15 horas desde o Campo da Feira de Guitiriz. O 2 e 3 de xaneiro de 11 a 12:30 horas celebrarase un taller de Origami na Casa Habanera dirixido a nenos e nenas maiores de 7 anos. Ademais, inclúese na programación do Nadal a exposición ‘Os Xoguetes dos meus avós’ de Pepe de Pígara, que estará na Casa Habanera desde o 21 de decembro ata o 10 de xaneiro.

A cabalgata dos Reis Magos será, como sempre, o 5 de xaneiro en Parga e Guitiriz.