O vindeiro 24 de novembro proxectarase na Casa Habanera a película ‘A esmorga’, ás 18:00 horas. Trátase dunha crónica tensa e intensa de vinte e catro horas na vida de tres homes, compañeiros de Esmorga, que deixando un regueiro de destrución, de sexo equívoco e reprimido, van pechando portas tras de si e tirando as chaves, comop ara non querer volver. Tal como se camiñase cara a súa perdición.

Pensada para maiores de 16 anos. Entrada libre ata completar aforo.