O prazo para renovar a matrícula na Escola de Música Municipal de Guitiriz para o curso 2026/2027 estará aberto desde o luns, 15 de xuño ás 8:30 horas, ata o martes 30 de xuño. Este prazo será unicamente para a renovación da praza na Escola de Música, para os alumnos e alumnas que estiveron matriculados ou matriculadas neste último curso. Posteriormente, e unha vez que acabe o prazo, abrirase outro para as novas solicitudes de matrícula que se anunciará proximamente.
Ofértanse as seguintes disciplinas:
- Iniciación musical (de 3 a 7 anos). Modalidade de iniciación á música gratuíta todo o curso.
- Instrumento + Linguaxe Musical (a partir de 8 anos).
- Instrumentos Escola de Música: Acordeón, batería, clarinete, frauta traveseira, saxofón, guitarra, piano, bombardino, trombón, trompeta e tuba.
As inscricións poderanse formalizar pola Sede Electrónica ou de xeito presencial no Rexistro do Concello de Guitiriz. Para máis información, na Casa do Concello ou chamando ao 982 37 01 09.
O pago da matrícula para recibos non domiciliados realizarase unha vez remate o prazo de inscrición, cando se remitirá o recibo de pago de matrícula por correo electrónico, coa forma e prazo de pago, sendo tamén admisible o pago por TPV nas oficinas municipais mediante presentación do recibo emitido.
Para recibos domiciliados, farase mediante o cargo directo na conta. Basta con achegar o certificado de titularidade do número de conta se non se achegou o curso pasado ou se hai cambio de conta.
