O 29 e 30 de marzo e o 5 e 6 de abril as 19 empresas que forman parte do SICTED responderon a unha nova convocatoria de actividades lanzada desde o departamento de Turismo do Concello de Guitiriz.
Recibiron formación e asesoría nos campos de atención ao cliente, ferramentas de dixitalización, marketing turístico ou claves para mellorar a oferta gastronómica. Estas sesións formativas foron impartidas pola consultora especializada Autoxiro Turismo.
Entre as empresas participantes atopamos albergues, restaurantes, cafetarías, taxis, cámpings, pensións ou panadarías que representan a boa parte da oferta turística de Guitiriz.
O SICTED, Sistema Integral de Calidade Turística en Destino, é unha metodoloxía impulsada polo Instituto para a Calidade Turística Española, baseada na implantación dun manual de boas practicas que ten como obxectivo mellorar a experiencia e satisfacción de turistas e visitantes. A mellora individual da calidade e competitividade de cada empresa permite aumentar o nivel de calidade do conxunto do municipio.
Nas próximas semanas continuarán as sesións formativas e os talleres de mellora nun proceso que remata en maio coas avaliación a cada un dos establecementos. O “premio” será́ a renovación dos distintivos que certifican a implantación de boas practicas de calidade turística que permiten una mellora da percepción e confianza dos visitantes e incluso facilitan o acceso a subvencións.
Guitiriz é un concello pioneiro no SICTED e un dos 11 destinos de Galicia que contan con este distintivo. Unha clara mostra da importancia do turismo como actividade de dinamización económica e do interese por apoiar ao sector poñendo a disposición estas ferramentas para que as empresas locais poidan ser competitivas nun mercado cada vez mais global e dixital.
0 Comments
Leave A Comment