O Concello de Guitiriz ofrece un servizo de recollida de enseres aos seus veciños. 

Para poder facer uso deste servizo, deixa o aviso no concello no teléfono 982 370 109. A recollida levarase a cabo o 1º e o 3º mércores de cada mes. Os enseres a recoller deixaranse fóra do domicilio o día anterior á recollida. 

Este servizo é para recoller os residuos que non teñen cabida nos contenedores nin nos puntos de plásticos agrícolas. Recóllense voluminosos como mobles, electrodomésticos e demais enseres de gran tamaño.