Lembramos que a partir de mañá, coa entrada en vigor das novas medidas sanitarias, as actividades deportivas no Concello de Guitiriz quedarán suspendidas temporalmente, a excepción do equipo xuvenil de fútbol sala ao participar nunha competición de ámbito nacional.
Desde o Concello informamos de que se impartirán clases en liña, totalmente de balde, no resto de escolas que quedan sen actividades durante o tempo que duren as restricións.
Recordade que, ademais, todos os municipios da comunidade autónoma quedarán pechados perimetralmente, polo que só se poderá entrar e saír por causas xustificadas. O deporte individual seguirá permitido dentro dos mesmos, pero con uso obrigatorio de máscara en todo momento.
0 Comments
Leave A Comment