- O pase, que é gratuíto ata completar aforo, será ás 19.30 horas na Casa Habanera.
Este sábado, 23 de abril, a Casa Habanera do Concello de Guitiriz acollerá a representación teatral ‘Tabú’, obra de Carmen Conde e da compañía Tarabela Creativa, que conta con música ao vivo de Nastasia Zürcher.
A entrada é gratuíta ata completar aforo polo que rógase ás persoas interesadas en acudir que vaian con certo tempo de antelación para evitar colas.
‘Tabú’ é o espectáculo de Carmen Conde, que nace froito das conversas recollidas con mulleres de entre 70 e 95 anos no Valmiñor, o Morrazo, o Courel, a Mariña Lucense, a Costa da Morte e o Couto Mixto sobre a súa vida erótica e sexual de xuventude.
Un show de narración oral coa misión de transmitir as historias de confusión, segredismo, amor, picaresca e sexualidade (a máis cruel e a máis desexada) das mulleres que son cimento da nosa terra, as que poden explicar o que somos agora nós: fillas do Tabú. Un tendal para poñer ó clareo todas as intimidades.
0 Comments
Leave A Comment