O Concello de Guitiriz organiza un taller de memoria e estimulación cognitiva.
Poderase presentar no Concello a solicitude de inscrición, que podes descargar nesta ligazón, ata o próximo 7 de outubro. Os asistentes dividiranse en tres grupos reducidos e con aforo limitado. As tres opcións horarias deste taller son: os martes de 12:15 a 13:15 e os venres de 11:00 a 12:00 horas na Aula Cemit de Guitiriz, e os xoves de 11:00 a 12:00 horas na Escola das nenas de Parga.
Existirá a opción de traballo a distancia con recollidas semanais de material no Concello.
Para máis información, podes chamar ao 982 370 109.
0 Comments
Leave A Comment