Ao redor de 100 veciños de Guitiriz concentráronse hoxe na explanada do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) por segunda vez para reclamarlle ao Sergas a apertura total do centro de saúde de Parga.
Unha vez alí, a alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, e os representantes da Comunidade de Montes de Parga e do Comercio Local de Parga reuníronse coa xerencia do Sergas. A súa intención é manter a actividade actual do centro, que só está a abrir os martes e os xoves para levar a cabo extraccións de sangue.
“Seguen a incumprir a súa promesa de retomar a actividade normal do centro de saúde cando finalizase o Estado de Alarma, e tampouco aportan solución algunha”, explicou Marisol Morandeira.
Ademais, o director médico da área sanitaria de Lugo comunicou na reunión que, pola súa parte, conta cun informe desfavorable a proposta para trasladada pola veciñanza de instalar un módulo prefabricado dos utilizados no hospital de campaña instalado en IFEMA e cumprir así coas medidas de seguridade requiridas polas autoridades sanitarias.
Tanto a Comunidade de Montes de Parga como o Comercio Local de Parga anunciaron que nos próximos días anunciarán de que xeito continúan as mobilizacións.
0 Comments
Leave A Comment