O Concello de Guitiriz abrirá mañá, mércores 23 de novembro, e ata o próximo martes, 29 de novembro, o prazo para solicitar algunha das prazas vacantes nas diferentes disciplinas das Escolas Deportivas Municipais. As persoas que se inscriban nestas vacantes comezarán no mes de decembro.
Son as seguintes:
FÚTBOL SALA
- Biberóns 2017/18. Martes e venres de 16 a 17 horas. Pavillón. Vacantes: 3
- Benxamíns 2013/14. Mércores e xoves de 16 a 17:15 horas. Pavillón. Vacantes: 3.
- Alevín 2011/2012. Martes e mércores de 17:15 a 18:30 horas. Pavillón. Vacantes: 3.
- Infantil 2009/2010. Mércores de 18:30 a 20 horas e xoves de 17:15 a 18:30 horas. Vacantes: 3.
- Cadetes 2007/08. Martes e xoves de 19 a 21 horas. Vacantes: 3.
RÍTMICA
- Desde o ano 2018 en diante. Pavilllón. Os luns, hai dous grupos, de 16: 15 a 17:15 horas e de 17:15 a 18:15 horas. Será a monitora a que decida no grupo no que se encadra. Vacantes: 5.
TENIS DE MESA:
- 2017/07. Casa Habanera. Luns de 19 a 21 horas e venres de 16:15 a 18:15 horas. Será a monitora a que faga os grupos. Vacantes: 4.
XIMNASIA ADULTOS:
- En Parga na antiga escola. Martes e xoves de 10 a 11 horas. Vacantes: 1.
ZUMBA INFANTIL :
- 2014/07. No ximnasio do instituto. Os luns e mércores de 19 a 20 horas. Vacantes: 5.
ATLETISMO:
- 2016/06. No instituto. Os mércores e venres de 17:30 a 18:30 horas. Vacantes: 8.
PÁDEL:
- Grupo 2. 2013/10. Os luns de 19 a 20 horas na nave do Senpa. Vacantes: 1.
- Grupo 3. 2009/07. Os martes de 18 a 19 horas na nave do Senpa. Vacantes: 1.
IOGA:
- Grupo 2. Casa Barca. Luns e mércores de 19:10 a 20 horas. Vacantes: 1.
0 Comments
Leave A Comment