O Concello de Guitiriz organiza outro ano máis un mercadiño de troco de libros para os días 28 e 29 de decembro. Esta iniciativa encádrase dentro das actividades que completarán a programación de Nadal.

O mercadiño de troco de libros terá lugar o xoves 28 e o venres 29 de decembro e terá lugar na carpa instalada no Campo da Feira de Guitiriz, nun espazo reservado para ese fin en horario de 17 a 19 horas.

Eses días as persoas interesadas deben depositar os libros que desexen, ata un máximo de 10, en horario de 11 a 14 horas, co obxectivo de que sexan rexistrados e etiquetados. Deberán estar en bo estado, non poderán estar despegados nin con follas rachadas.
Por cada libro entregado as persoas participantes recibirán un vale para cambialo por calquera outro do mercadiño que lles interese. Haberá diferentes categorías: infantil e xuvenil, divulgación, cómics e ficcións.

BASES MERCADIÑO TROCO