DONA Ma SOL MORANDEIRA MORANDEIRA, ALCALDESA PRESIDENTA DO CONCELLO DE GUITIRIZ (LUGO)

FAI SABER:

Que dende o Campo de Manobras e Tiro de Parga ( Guitiriz) infórmannos que os días 01, 04, 05 e 06 de abril de 2024, Unidades do exército de Terra ( Batallón de Zapadores VI de Paracaidistas) , realizarán unha serie de marchas topográficas e exercicios de instrución, que requiren o desprazamento polo exterior da propiedade militar. Estas actividades levaranse a cabo, entre outros, polo termino municipal de ese Concello.