DONA Mª SOL MORANDEIRA MORANDEIRA, ALCALDESA PRESIDENTA DO CONCELLO DE GUITIRIZ (LUGO)

FAI SABER:

Que dende o Campo de Manobras e Tiro de Parga (Guitiriz) infórmannos que dos días do 7 ao 8 de outubro de 2026, persoal da Unidade do Batallón de Zapadores VI de Paracaidistas- 2ªCompañía realizará unha actividade que require o desprazamento polo exterior da propiedade militar. Esta actividade levarase a cabo polo termino municipal do Concello.

O que se fai público para xeral coñecemento.

A ALCALDESA

Mª Sol Morandeira Morandeira