DONA Mª SOL MORANDEIRA MORANDEIRA, ALCALDESA PRESIDENTA DO CONCELLO DE GUITIRIZ (LUGO)

FAI SABER

Que por mor da celebración da XVI Carreira popular Concello de Guitiriz Termal estará prohibido estacionar o domingo 19 de abril de 2026 dende as 07:00 horas ata as 14:00 horas nos seguintes lugares:

– No marxe esquerdo (sentido baixada) da Rúa Río Forxá.

– Na fronte da Praza do Campo da Feira (zona sinalada prohibido estacionar mércores de mercado) e lateral dereito da igrexa.

O tráfico permanecerá totalmente cortado o domingo 19 de abril de 2026 en horario de 11:00 horas ata as 14:00 horas nas seguintes rúas:

– Praza Campo da Feira. – Rúa do Mercado. – Avenida Poeta Díaz Castro (dende a Praza Campo da Feira ata intersección co Paseo dos Sete Muiños).

Entre as 11:00 horas e as 14:00 horas existirán cortes de tráfico temporais nas seguintes rúas:

– Pase dos Sete Muiños. – Rúa Costaneiras.

Nas rúas afectadas polos cortes de tráfico estará permitido o estacionamento de vehículos (a excepción dos lugares indicados), se ben durante o tempo en que o tráfico estea cortado non se permitirá a súa posta en marcha e circulación.

A ALCALDESA

Mª Sol Morandeira Morandeira