Por mor da celebración da XIII Carreira popular Concello de Guitiriz Termal estará prohibido estacionar o sábado 15 de abril de 2023 dende as 14:00 h ata as 19:30 h nos seguintes lugares:

– No marxe esquerdo (sentido baixada) da R/Río Forxá.
– Na fronte da Praza do Campo da Feira (zona sinalada prohibido estacionar mércores de mercado).

O tráfico permanecerá totalmente cortado o sábado 15 de abril de 2023 en horario de 16:00h a 19:30h nas seguintes rúas:
– Praza Campo da Feira.
– Rúa do Mercado.
– Avenida Poeta Díaz Castro (dende a Praza do Campo da Feira ata intersección co Paseo dos Sete Muíños).

Entre as 16:30h e as 19:30h existirán cortes de tráfico temporais nas seguintes rúas:
– Paseo dos Sete Muíños.
– Rúa Costaneiras.

Nas rúas afectadas polos cortes de tráfico estará permitido o estacionamento de vehículos (a excepción dos lugares indicados), se ben durante o tempo en que o tráfico estea cortado non se permitira a súa posta en marcha e circulación.