Matrícula curso 2024/2025 para a Escola Infantil de Guitiriz.
- Renovación de matrículas: do 1 ao 15 de maio. Para crianzas que asistiron no presente curso 2023/2024.
- Novas solicitudes: do 16 ao 31 de maio. Para crianzas de nova incorporación.
As solicitudes poden presentarse na casa do concello de xeito presencial, solicitando cita previa, ou a través da sede electrónica.
Podes consultar o regulamento e o baremo de acceso, ademais de descargar a solicitude en https://concellodeguitiriz.com/benestar-social/pai/ ou recollela presencialmente na casa do concello.
0 Comments
Leave A Comment